Pontevedra celebrou hoxe a segunda Xunta Local de Seguridade do ano

    xuntasegponte_100_001.jpgPONTEVEDRA > O concello celebrou hoxe a Xunta Local de Seguridade, na que estiveron presentes o Subdelegado do Goberno,  …

    … o alcalde da cidade e membros dos corpos e forzas de seguridades nacionais e locais. Na xuntanza falouse da evolución da seguridade cidadá, da violencia de xénero e da seguridade viaria no concello.

    A de hoxe é a segunda Xunta Local de Seguridade que se celebra en Pontevedra no que vai de ano. Na xuntanza, o concello e a Subdelegación do Goberno na cidade acordaron a posta en marcha do punto, que para Delfín Fernández, é o máis importante dentro do aínda pendente Plan Conxunto de Seguridade, a Mesa de Coordinación Policial. Esta mesa vai a estar composta polos responsables da policía local do concello e da Policía Nacional, e o seu obxectivo é o intercambio de información para unha actuación conxunta, coordinada e efectiva entre os dous corpos policiais.

    Entre as materias das que a mesa terá que avaliar a súa evolución están a situación da seguridade cidadá. Neste senso, Pontevedra esta a día de hoxe, nunha boa posición en comparación con outras cidades da mesma dimensión. A tendencia ata o mes de decembro é que baixen os delitos un ano máis, e polo tanto as infraccións penais. Un exemplo, é a da taxa de criminalidade, que pasou dun 55,32 por mil habitantes no ano 1999, ós 35,84 no pasado ano. No remate do 2007, espérase baixar un punto máis. O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, dixo que dende o concello se mostran contentos pero non satisfeitos, cos resultados obtidos en canto a seguridade, na que hai que seguir traballando. Tamén sinalou que o seu obxectivo non é só acadar mellores resultados nas estadísticas.

    No tocante á violencia machista, Delfín Fernández informoulle hoxe o concello, da Unidade de Violencia de Xénero da que dispón a Subdelegación, do novo protocolo de valoración de riscos, e da posta en marcha dun sistema integral de seguimento dos casos de vítimas baixo ordes de protección. En Pontevedra o número de ordes de protección vixentes este ano son noventa e unha.

    En materia de tráfico e seguridade viaria, o Subdelegado do Goberno destacou hoxe que o concello de Pontevedra é pioneiro na conexión telemática coa DXT, na aplicación do permiso de conducir por puntos, e na aplicación das instrucións da fiscalía en relación cos novos supostos previstos no código penal.

    Redacción Salnés