Galicia continuará con ceos despexados e temperaturas baixas

    reportaxefrio_100_121207.jpgBARBANZA > A pesar de que o sol loce con intensidade as temperaturas continúan a baixar situándose as mínimas por debaixo dos cero graos.

    Aínda así, son moitos os que pensan que a chegada do frío fíxose agardar e auguran un inverno máis calido que en anos anteriores.

    As chuvias rexistradas a pasada fin de semana en toda Galicia deixaron paso ó sol pero tamén ó frío. Especialmente durante a noite cando se están a rexistrar xeadas nas comarcas do interior. Aínda así, as temperaturas máximas seguen a situarse por riba dos dez graos augurando un inverno máis cálido que en anos anteriores.

    Poucas chuvias

    Nós saímos á rúa para coñecer como están a vivir os barbanzáns o comezo da tempada invernal. Independentemente do frío, o que máis botan de menos os galegos son as chuvias que no que levamos de inverno apenas fixo acto de presencia na comunidade.

    E aínda deberán agardar para a chegada das tan desexadas precipitacións posto que as predicións meteorolóxicas indican que Galicia seguirá durante toda a semana baixo influencia das altas presións, con ceos soleados e temperaturas similares ás destes días.

    {flowplayer}barbanza/reportaxefrio.flv{/flowplayer}

    Redacción Barbanza