Satisfacción na volta ó traballo dos mariscadores noieses tralo peche por toxina

NOIA> Satisfacción entre os mariscadores noieses que esta mañá volveron á actividade tras semana e media parados por mor da toxina. Nesta primeira xornada constataron que nas concesións segue a abondar o berberecho de segunda. A aparición da toxina amnésica o pasado día 19 facía saltar tódalas alarmas. Sen embargo, o peche cautelar da actividade tan só se prolongou durante semana e media. Os mariscadores noieses retomaron a actividade comprobando que as súas concesións se manteñen practicamente igual que antes da parada. Os profesionais agardan que os prezos se manteñan ó longo das próximas xornadas en valores similares ós que acadaban antes do peche. É máis, mesmo poden subir as cotizacións dada a alta demanda.