Desestimado o recurso contra a elección do director do museo Valle-Inclán

    sentenciavalleinclan_100_111207.jpgPOBRA > Tras un longo litixio, o xuíz fallou a favor de Antonio González Millán no contencioso pola oposición á praza de director do Museo Valle-Inclán.

    A sentencia do xuizo recolle que un concelleiro pode presentarse a un proceso selectivo público de acceso á función pública. Recoñece tamén que o proceso selectivo seguido se axustou ós trámites legais en todas as instancias do concurso, tanto en publicacións, como composición do xurado e no propio temario. Da sentencia tamén se conclue que non houbo a desviación de poder que alegaba o recurrente, pero que non probou.

    Por todas estas razóns o Xulgado do Contencioso Administrativo de Santiago desestima o recurso presentado, xa que ademais o recurrente aceptara as bases do proceso selectivo, pois non as impugnou. Segundo a sentencia, o concurso para a praza de director do Museo Valle Inclán da Pobra non vulnera o principio de igualdade do artigo 14 da constitución española nin o dereito ó acceso á función pública en condicións de igualdade expresado no artigo 23.

    Concurso limpo

    Tanto o demandado, Antonio González Millán, gañador da oposición e por tanto actual director do Museo Valle-Inclán da Pobra e ex-edil de Cultura, como o alcalde pobrés, se congratulan desta sentencia que demostra que a praza non foi asignada “a dedo”, senón que o gañador saiu dun concurso limpo, aberto e legal para todos os aspirantes. González Millán fixo a súa valoración da sentencia, xa non coma político, senón como denunciado, acollendoa con ledicia, aínda que sexa despois de quince meses.

    De todos xeitos, Antonio González Millán non descarta emprender accións legais a título particular, polas difamacións vertidas en todo este tempo sobre a súa persoa.

    Desculpa pública

    Pola súa banda, o alcalde pobrés, Isaac Maceiras, asegurou que desde o concello todos estes meses se amosaron respetuosos e agardaron a que se dictase xustiza. Agora, coa razón na man non van emprender accións legais de ningún tipo, pero si agarda que haxa algún tipo de desculpa pública por parte do BNG, pois segundo el “na política non cabe todo”.

    Proceso pendiente

    Con respecto ó concurso á praza de director do museo pobrés, aínda queda pendiente outra resolución xudicial, un contencioso administrativo por ilegalidade ou pequenas deficiencias administrativas. O representante do bufete de avogados que levou o caso considera que moitas delas xa quedan recollidas nesta primeira sentencia, pois o xuíz dixo que carecen de fundamento, pero haberá que esperar á resolución final.

    {flowplayer}barbanza/sentenciavalleinclan.flv{/flowplayer}

    Redacción Barbanza