O Extrugasa xógase o seu pase á seguinte rolda da Eurocup

adestramento100_121207_001.jpgVILAGARCÍA > O conxunto vilagarcián adestrouse esta tarde nun Pavillón de Fontecarmoa que se encherá para acolle-lo decisivo encontro.

Todo listo para que dé comezo o partidazo entre Extrugasa e BC Moscú, mañá as oito e media da noite en Fontecarmoa.

As posibilidades de clasificación para a seguinte rolda da Eurocup pasan por unha victoria, aínda que unha derrota, sempre e cando se desen unha serie de resultados noutros grupos, poderíias colocar na próxima fase. As rusas, pola súa banda, veñen coa clasificación no peto e tan só tentarán asegura-la primeira praza do grupo.

Isaac Fernández contará con tódalas súas xogadoras, incluida a bielorrusa Marina Kress, que tralo culebrón administrativo que a tivo á espera no seu país, voltou onte a Vilagarcía, unha vez solucionou os problemas co seu visado.

No estrictamente deportivo, hai gañas de revancha, sobre todo despois do atraco arbitral que sufriron en Moscú. Entre as grandes ameazas visitantes estarán a alero texana Plenette Pierson, que promedia 15 puntos e 11 rebotes por partido, ou as torres rusas de Danilochkina y Zakalyuzhnaya. Os nomes meten medo só escoitalos, pero as xogadoras vilagarciáns creen que o rival non é tan fiero como o pintan e que sen dúbida o BC Moscú é máis un conxunto de individualidades que un gran equipo.

Unha das claves do encontro será a concentración e, como ven sendo habitual nestes partidos, o rebote. As rusas dispoñen dun gran potencial físico, non só no xogo interior, senón tamén por fóra, polo que será moi importante que tódalas xogadoras locais arrimen o ombreiro en defensa.

Pero por riba de todo, un dos factores clave será a arbitraxe. Técnico e xogadoras non esquencen a encerrona de Moscú, e agardan que desta volta os colexiados non as perxudiquen.

Redacción Salnés