![]()
SALNÉS > Tan só o Céltiga foi quen de sacar un resultado positivo, tras empatar no campo do Órdenes.
Non puido ir peor a cousa. Tres derrotas e tan só un empate, se cadra para o que máis o precisaba, o Céltiga. Os de Manuel Núñez tiveron a victoria no peto pero a mala sorte cebouse outra vez con eles. Tras remontar un 1-0 adverso e cando semellaba que os tres puntos viaxarían á Illa, o árbitro veu unha inocente man de Beni tras un saque de esquina local, sinalou penalti e os locales igualaron o encontro. O Céltiga continúa a un punto do descenso, pero tralo partido de onte xa se mira ó futuro con outra cara.
Cos mesmos puntos na clasificación (14) se atopa o Portonovo. Non puido acada-la cuarta victoria consecutiva en Baltar e caeu ante un rival directo, o Verín por 1-2. De novo a falta de acerto de cara ó gol dos de Piscis foi determinante, incluso Curiel error un penalti cando perdían por 0-2; Fiti acadou o tanto que reducíu diferencias a dez minutos do final, pero de pouco servíu.
Outro que perdeu coma local foi o Arosa (1-3), desta volta ante un complicado rival coma o Cerceda. Os coruñeses demostraron o por qué do seu quinto posto na xeral; adiantáronse no marcador os visitantes e igualou Padín de penalti. A sete para o final, un golazo de Bautista evitou que os de Laxes continuasen unha semana máis coa súa traxectoria ascendente.
Por último o Vilalonga caeu ante o Coruxo por 2-1. Moi boa imaxe amosada polos de Josiño Abalde, pese á grande cantidade de baixas coas que acudía ó encontro. Un gol de Jaime a catro minutos para o remate, deu a victoria ós locais. Agora o Vilalonga é oitavo, a cinco puntos dos postos que dan dereito a xoga-los playoffs polo ascenso.
{flowplayer}images/salnes/futbol171207.flv{/flowplayer}
Redacción Salnés








