![]()
CAMBADOS > As tendas de Cambados colocaron está mañá nos seus cristais un lazo malva en condena ó asasinato de Mari Luz Pose. A muller,…
…, de 43 e natural de Valga, faleceu na mañá de onte dun disparo na cabeza que lle asestou, presuntamente, á súa ex parella, cando trataba de poñer unha denuncia. O presunto agresor, é un garda civil de 34 anos natural de Ferrol, que leva destinado en Cambados algo máis de catro anos.
Segundo parece na madrugada do sábado, ámbolos dous saíron pola vila, coincidiron nalgún momento da noite, e o axente perseguiu á vítima primeiro ata a súa casa, e logo ata a vivenda dunha amiga de Mari Luz. Isto fixo que a vítima decidise poñer unha denuncia nas dependencias da Garda Civil, onde se volveu a atopar co suposto agresor. O axente, logo de intentar disuadila sen éxito do seu propósito, foi pola arma a súa vivenda, situada na casa cuartel. Disparoulle un só tiro na cabeza á vítima, que morreu practicamente no acto. O garda civil deu positivo no control de alcolemia que lle efectuaron momentos despois do crime.
A vítima, separada e con tres fillos de 24, 18 e 13 anos, era moi coñecida en Cambados, onde rexentara unha tenda e ademais fora a presidenta da asociación de comerciantes durante unha tempada. Segundo parece, xa denunciara ó axente nalgunha ocasión anterior, pero sempre rematara por retirar a denuncia. A vítima e o axente, romperan a súa relación recentemente. Dende o concello de Cambados, o tenente de alcalde Luis Aragunde, sinalou que xa puxeron a disposición da familia da vítima apoio psicolóxico.
O garda civil detido, Jaime Maíz San Martín, tamén era moi coñecido no concello pola súa profesión. O presunto agresor, permanece detido dende onte na Comandancia da Garda Civil de Pontevedra, a espera de que pase a disposición xudicial.
{flowplayer}images/salnes/mortemariluz.flv{/flowplayer}
Redacción Salnés








