O PORTO DO SON> As instalacións do Real Club Náutico de Portosín foron o marco ideal de presentación para esta proba de nova creación o Desafio Rías Baixas NB21, que vén da man do propio náutico sonense e o Liceo Marítimo de Bouzas.
A cita será afinais de maio, os días 30 e 31, dirixida ás categorías de Solitarios e A 2 e A3.
A proba, que nace coa idea de continuidade, co fin de convertela nunha cita de referencia, dividirase en dúas etapas que suman no seu total preto de 100 millas náuticas.
A primeira con saída dende o porto de Bouzas ata as inmediacións de Portosín, e a seguinte co trazado de volta.
A proba conta ademais co apoio da Real Federación Galega de Vela, que decidiu nomeala valedoira para o Campionato Galego de Solitarios.
Está prevista unha participación dunha ducia de embarcacións.








