MEAÑO> O presidente da Asociación Cultural e Deportiva GAM, Marcos Castro, asegurou que a entidade deixará de organizar o evento por falta de apoios.
A Asociación Cultural e Deportiva GAM deixará de organizar a Carreira Popular de Meaño. Nun comunicado de prensa, o seu presidente, Marcos Castro, xustifica a decisión da entidade pola falta de persoas para traballar no día a día da organización.
Asegura ademais que dende GAM fíxose un gran esforzo para que a proba acadase a súa edición número 25, algo que sucedeu o ano pasado, e que así, cun cuarto de século cumprido, pechan un ciclo.
Aínda que a carreira corre un risco grande de desaparición, agora a pelota está no tellado do concello. Representantes da asociación reuníronse co alcade Jorge Domínguez para animarlle a que sexa a institución municipal a que tome o relevo.
A proba celébrase habitualmente a mediados de setembro polo que hai tempo para unha rectificación. Sería unha gran perda a desaparición deste evento que víu pasar polas rúas de Meaño ós mellores atletas do mediofondo galego, como Alejandro Gómez, Lolo Penas, María Abel ou Julia Vaquero.
Redacción Salnés