Uns catrocentos ciclistas tomarán parte no XXXIII Trofeo de Ciclocross de Boiro

BOIRO> A cita terá lugar este próximo venres 6 de decembro baixo a organización do Club Ciclista Barbanza. Trátase xa de todo un clásico desta modalidade deportiva, na que se agarda unha participación duns 400 corredores chegados dende diferentes clubs galegos, así como tamén asturianos e portugueses.

Esta mañá presentábase no Concello s 33ª edición do Trofeo de Ciclocross. A proba, organizada polo Club Ciclista Barbanza, coa colaboración da Federación Galega de Ciclismo, reunirá a uns catrocentos corredores chegados dende diferentes clubs galegos, ós que se sumarán tamén como equipos convidados varios asturianos e portugueses. En competición, puntuable tamén para a Copa Galicia, tódalas categorías dende promoción a master, tanto feminina coma masculina.

Dende a Federación destacaron a calidade do circuíto de Praia Xardín.

Dende o Concello destacaron a importancia desta proba, do máximo nivel deportivo das que se celebran en Galicia, convidando á xente de Boiro e da comarca a vir a presenciala en directo.

A proba arrancará a partir das nove e media da mañá coa categoría promoción. A entrega de premios está prevista para as dúas e cuarto da tarde.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí