A Pobra acolle o Campionato Galego de Campo a Través para as categorías dende sub-10 a máster

POBRA>  A competición, que terá lugar este vindeiro domingo 6 de febreiro, está organizada pola Federación Galega de Atletismo en colaboración coa Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza e co patrocinio do Concello.

A Pobra será este domingo foco de atracción do campo a través coa disputa do Campionato Galego da especialidade para categorías dende sub-10 a máster, tanto masculinas como femininas. A competición organizada pola Federación Galega de Atletismo en colaboración coa Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza e co patrocinio do Concello, reunirá a máis de mil atletas chegados dende diferentes clubs de toda Galicia

A cita desenvolverase en horario de mañá e de tarde, nun circuíto deseñado especialmente para a ocasión entre as praias de Lombiña e Cabío.

Dende o Concello quixeron agradecer tamén ó propietario da finca Lorenzo Rodríguez  pola que discorrerán boa parte das probas a súa disposición a cedela, así como tamén a Protección Civil que colaborará no bo desenvolvemento do Campionato.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí