As sesión de investidura transcorren sen sorpresas nos concellos do Salnés

SALNÉS> Non houbo sorpresas no resto dos concellos do Salnés. As sesións de investidura seguiron o guion agardado. Sen sobresaltos posibles nos municipios onde alguna formación acadou a maioría absoluta e nos demais, cos partidos cumprindo os acordos aos que chegaran nas xornadas previas aos plenos constitutivos.

Na Illa de Arousa, a alcaldía continuará en mans do Partido Socialista. Luis Arosa é o novo rexedor da vila que ademais encabezará o primeiro bipartito deste municipio. Como xa anunciaran o pasado xoves, os edís do BNG apoiaron a candidatura de Arosa.

Se a alcaldía da Illa non cambiou de siglas pero si de persoa, en Ribadumia sucedeu o contrario. David Castro volveu coller o bastón de mando. Pero desta volta como candidato do Partido Popular. Xa é o seu terceiro mandato á fronte do municipio; o segundo con mayoría absoluta.

Quen estrea maoría absoluta é Marta Giráldez. A socialista foi investida o sábado no que será o seu segundo mandato.

En Sanxenxo, Telmo Martín asumiu o sábado o seu quinto mandato. Fíxoo cun reto: converter a vila nun lugar aínda mellorar para vivir.

O novo goberno de Sanxenxo repartirase en alcaldía e nove concellerías, reforzando a área social. Ademais, María Deza repite como voceira e primeira tenente de alcalde, mentres que Paula Martínez e Marcos Guisasola asumirán a segunda e a terceira tenencias de alcaldía.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí