Lagar de Besada presenta o primeiro receitario con Gelee de Albariño

    gelee2copy.jpgMEAÑO> Trátase de presentar ós seus clientes diferentes maneiras de consumir esta xelatina elaborada con uva dos seus viñedos.

    {flowplayer}images/salnes/PTAC_RECEITARIO_LAGAR_BESADA.flv{/flowplayer}

    Esta mañá a adega Lagar de Besada, afincada no concello de Meaño, presentou o seu receitario para o seu produto máis innovador, a Gelee de Albariño. Trátase de presentar ós seus clientes diferentes maneiras de consumir esta xelatina elaborada con uva dos seus viñedos. Desde un canelón de Gelee con requeixo das Neves ata un combinado de café con redución de uva.

    A gelee de albariño saíu ó mercado fai dous anos. Agora, cun afán de ofrecer ó consumidor final diferentes maneiras de maridar este produto, os seus creadores sacan ó mercado este receitario que xa se pode atopar desde hoxe nos diferentes establecementos nos que se distribúe este produto.

    A creadora das cinco primeiras receitas explicounos como xurdiu esta iniciativa tras degustala gelee. Agora, ofrécenos un menú completo: de primeiro prato canelón de gelee cn requeixo das Neves e semillas de amapolas; de segundo unha galleta mariñeira con foie para rematar cun moffin con nata e gelee. Para acompañar un gin tonic e un combinado de café.

    Segundo nos explicou Mónica, a intención é sacar novas receitas de cara a primavera.

    O receitario tamén se pode atopar na páxina web de Lagar de Besada.

    Redacción Salnés