Valga está máis cerca da supresión dos pasos a nivel

    pasovalga_100_001.jpgVALGA > Varios técnicos da empresa adxudicataria da obras dos dous pasos inferiores e do paso superior

    … que se van a construír na vila, visitaron estes días o lugar para comezar a preparar a actuación. Polo de agora, están pendentes no concello

    As obras de construción de camiños de enlace entre algúns dos pasos a nivel de Valga xa comezaron esta semana na parroquia de Cordeiro. Os traballos, contratados polo concello á empresa Covsa, son o primeiro paso para a supresión dos cruces ferroviarios, que terá que retirar finalmente ADIF. Unha vez que rematen as obras en Vilar, continuarán os traballos ó longo da vía ata chegar ó lugar de Campaña. Porén, algún pasos coma o de Campo de Braña, continuarán en funcionamento.

    O outro paso que está pendente agora é a construción de dous pasos inferiores nas zonas de Forno e Devesa, e un superior en Campaña. José María Bello puntualizou hoxe que estas obras as vai executar ADIF, a través da empresa Dragrados. Varios representantes da entidade visitaron estes días os lugares nos que está previsto se leven a cabo as obras. O único trámite que, segundo o rexedor local, impide que se comecen esta sobras é a negativa de oito veciños de Campaña e Cordeiro a que lles expropie nos seus terreos.

    Ademais a Consellería de Política Territorial vai a asinar un convenio co concello polo que lle achegará algo máis de 86.000 euros para completar a supresión dos pasos a nivel.

    Redacción Salnés