Detido o presunto atracador ó restaurante Jenaro

    RIBEIRA> A Policía Nacional procedeu esta pasada fin de semana á detención dun veciño de Carreira como presunto autor do roubo cometido a punta de pistola no restaurante Jenaro. Ó parecer este individuo, coñecido como Víctor do Cochón, toxicómano de 35 anos, xa conta con numerosos antecedentes policiais por causas similares. Á espera do resultado das investigacións, que están a realizar tanto a Policía Científica coma a Xudicial, continúa arrestado nos calabozos da comisaría ribeirense antes de pasar a disposición xudicial. A Policía sospeita que esta mesma persoa puidera ser tamén o autor do roubo no supermercado Eroski Center da Pobra do Caramiñal.