Menos esperas para consultas e probas radiolóxicas

    balancexestionhospital100.jpgBARBANZA> A xerencia do hospital presentou os datos de xestión do primeiro trimestre do ano nos que destacan a redución das listas de espera en consultas.

    {flowplayer}barbanza/balancexestionhospital.flv{/flowplayer}

    Durante o primeiro trimestre de 2011 realizáronse no centro comarcal preto de 24 mil consultas para as que os pacientes tiveron que agardar un tempo medio de 49 días, 31 menos que no mesmo período do ano anterior.

    Por especialidades, destacan xinecoloxía e traumatoloxía como as áreas nos que se acadou un maior descenso.

    Melloras en radioloxía

    En canto ás probas diagnósticas, a incorporación dun cuarto radiólogo ó cadro de persoal mellorou sensiblemente os datos, especialmente no campo das radiografías de mama, cunha importante redución de pacientes e tempo de demora, que se sitúa actualmente en 97 días fronte ós 460 do exercicio anterior. 

    Dende a xerencia do hospital destacaron tamén o gran esforzo de todo o persoal para reducir as esperas en cirurxías conseguindo baixar a 20 días a demora en prioridade 1 mentres que a prioridade 2 sitúase en 57 días.

    Redacción Barbanza