Os cambios nas letras das rotondas reavivan a polémica sobre o topónimo de Ribeira

RIBEIRA> O BNG de Ribeira volverá levar ás institucións o incumprimento da Lei de Normalización Lingüística no topónimo do Concello. Denuncian que o goberno está a substituír a uve dos letreiros das rotondas por un símbolo en forma de corazón en lugar de utilizar a forma correcta.

O BNG xa denunciara no seu día a instalación destas letras nas rotondas de acceso a Ribeira por incumprir a normativa ó utilizar o topónimo deturpado. Agora, volven inciden nesta cuestión posto que o executivo está a substituír a uve por un corazón en lugar de utilizar o b tal e como obriga a normativa.

Ademais do incumprimento da lei, os nacionalistas denuncian o despilfarro de cartos públicos que supón estas actuacións polo que solicitarán un informe detallado dos gastos e das horas de traballo investidas pola brigada de obras.

Por outra banda, volverán a levar a polémica sobre a forma correcta do topónimo tanto ó Parlamento como ó valedor do pobo, institucións que xa anteriormente ratificaron que Ribeira escríbese con be.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí