O alcalde de Ribeira desoe as demandas da mocidade

    negativareunionasociacions.jpgRIBEIRA> Diversas asociacións xuvenís e as ANPAS de varios colexios quedaron sen ser recibidos polo alcalde malia ter solicitado unha xuntanza.

    {flowplayer}barbanza/negativareunionasociacionsxuvenis.flv{/flowplayer}

    Representantes da asociación xuvenil Flor de Toxo, Verdegaia, a asociación de veciños de Abesadas, Galiza Nova, Xuventudes Socialistas de Ribeira e as ANPAs de Aguiño, O Grupo e o IES Número 1 acudiron ata o concello para reunirse co alcalde, a concelleira de Educación e o edil de Xuventude.

    Sen embargo, o encontro non chegou a celebrarse alegando dende o concello que non tiñan cita co rexedor.

    Os membros destes colectivos sosteñen que a xuntanza foi solicitada con anterioridade e que o propio concelleiro de Xuventude comprometeuse a recibilos.

    Demandas

    Ante a negativa da alcaldía, os colectivos quedaron sen poder transmitirlle as súas preocupacións entre as que figuraban a necesidade de incrementar a vixilancia nos pasos de peóns para evitar atropelos ou a demanda da apertura inmediata da casa da xuventude.

    Outras das solicitudes refírense á construción dunha gran área deportiva, a posta en marcha dun plan de emprego para a mocidade ou a creación dun centro de información sexual.

    Redaccíón Barbanza