Os incendios continúan a asolar a comarca do Barbanza

    BARBANZA > A vaga de lumes que segue a afectar a Galicia tampouco deu tregua ó Barbanza onde se están rexistrar incendios en tódolos seus concellos, dous deles en alerta de nivel 1, nos concellos de Rianxo e Porto do Son.

    incendiocaamao_300_070806.jpgA comarca do Barbanza segue ardendo. Estes días rexistránbanse dous grandes incendios de nivel 1 en Rianxo e Porto do Son e diversos lumes en Boiro, Lousame, A Pobra do Caramiñal, Rianxo e Ribeira. A escaseza de medios, tanto materiais coma humanos, está a complicar cada vez máis a situación na bisbarra barbanzá posto que os servizos de extinción estanse a ver desbordados pola vaga de lumes que se extenden polos montes de toda Galicia.

    A proximidade dos fogos que se achegan perigosamente ós núcleos de poboación obrigou a moitos veciños a traballar eles mesmos nas tarefas de extinción cos medios que teñen a man ante a desesperación de ve-las súas vivendas ameazadas polo lume. Algúns veciños mesmo chegaron a ser evacuados das súas casas pra evitar ter que lamentar danos maiores.

    Na parroquia de Caamaño, en Porto do Son, os veciños consideran que a propagación dos incendios podería terse evitado se as administracións, tanto local como autonómica, se preocuparan por manter limpas de maleza as fincas.En Rianxo, a situación tamén se tornou moi grave cun incendio que mesmo obrigou a cortar á circulación varios tramos da vía rápida do Barbanza. As brigadas da Xunta traballan arreo en coordinación con varias patrullas de protección civil, policía local, bombeiros e garda civil e os propios veciños tamén se sumaron ó operativo contraincendios para evitar que o lume siga a propagarse sen control.

    Redacción Barbanza