Medio Rural comproba o resultado das actuacións da Consellería en Poio

    ruralpoio_100_001.jpgPOIO > O delegado provincial da Consellería de Medio Rural, Gonzalo Constenla, quixo comprobar hoxe de primeira man …

    … o estado da infraestuctura que ven de realizar a súa consellería en Poio. O Proxecto de abastecemento, saneamento e pavimentación da Rúa Sartal e o Camiño de Xalouriño custoulle á consellería sesenta mil euros. En realidade esta é a segunda fase dun convenio polo que o departamento autonómico xa investira o pasado ano 120.000 no concello, e que se enmarca dentro do programa estratéxico de infraestructuras no medio rural da consellería. Gonzalo Constela, resumiu así os obxectivos da actuación.

    Dende que comezaran as obras este ano, no lugar xa se construíron sete novas vivendas. Para o delegado provincial, é unha prioridade dotar das infraestructuras e dos servizos necesarios ó rural, para evitar o seu envellecemento e despoboamento. Gonzalo Constenla tamén destacou que actuacións coma a de Poio se están a facer , ou se van a por en marcha, en distintos concellos galego sen ningún tipo de exclusións.

    Pola súa banda, o alcalde de Poio, Luciano Sobral, mostrouse hoxe satisfeito co resultado da actuación, e agradeceulle á consellería o seu investimento na mellora do rural na vila. O concello terá que asumir os gastos que se deriven do mantemento, explotación e conservación das obras xa finalizadas. Ademais, o concello xa mellorou o alumeado público no lugar, e pavimentou os camiños que aínda carecían de asfalto.

    Luciano Sobral tamén anunciou hoxe que está previsto que se firme un novo convenio no 2008 coa Consellería de Medio Rural. Segundo o alcalde, con este acordo vanse a investir uns 118.000 mil euros nos núcleos de A Zapata e o Pereiro, para levar a cabo obras de saneamento e traída de augas.

    Redacción Salnés