A ‘marea verde’ inundará de novo as rúas de Ribeira

RIBEIRA> Tras dous anos sen poder organizala de xeito presencial debido á covid, aínda que si o fixo de xeito virtual, a asociación Agadea, de Axuda a Enfermos con Demencia Tipo Azlhéimer, retoma este ano a súa tradicional andaina en favor do alzhéimer, que chega á súa sétima edición.

A cita presentada esta mañá no Concello terá lugar o venres 26 de agosto, ás oito e media da tarde.

A cita ten un obxectivo claro.

A andaina está aberta a persoas maiores de 12 anos, cun percorrido de oito quilómetros aproximadamente, de dificultade baixa.

Para participar cómpre inscribirse antes, a través da web:www.agadea.org. Terá un custe de cinco euros, e os beneficias recadados irán a parar integramente á asociación. O prazo para anotarse rematará o día 24.

Para aqueles que non poidan asistir ese día e queiran colaborar, tamén o poderán facer a través do dorsal 0.