A Xunta nega ter desatendida á comarca do Salnés

    parlamento100_201207.jpgSALNÉS > A Xunta responde ó PP que mantivo máis xuntanzas cos alcaldes do Salnés nesta lexislatura que nos 16 anos anteriores …

    … Así o indicou o conselleiro de Presidencia, Xosé Luís Méndez Romeu, despois de escoitar a interpelación que fixeron os populares no pleno do Parlamento de Galicia.

    O Salnés volveu a nomearse no Parlamento de Galicia, a través dunha interpelación do PP. Os populares preguntaron polo abandono ó que a Xunta ten sometida á comarca arousá. A resposta deuna o conselleiro de Presidencia, Xosé Luís Méndez Romeu. Indicou que os alcaldes do Salnés mantiveron máis xuntanzas cos membros do goberno nesta lexislatura que nos 16 anos anteriores.

    Romeu destacou ademais unha serie de partidas reservadas nos orzamentos da Xunta de 2008 para as variantes de Vilagarcía ou Caldas, a autovía Pontevedra – Vilagarcía, ou o novo acceso ó porto desta cidade. Na súa interpelación, o PP fixo referencia ás riadas, denunciando que un ano despois moitos afectados seguen a esperar as axudas. Méndez Romeu indicou que non hai ningunha petición ou reclamación pendente dos concellos do Salnés sobre as indemnizacións que recibiron da Xunta polos gastos extraordinarios nos que incorreron.

    O PP tamén se queixou pola situación sanitaria do Salnés, pola eliminación do PAC de pediatría de Cambados ou a paralización do Hospital do Salnés. Pero o Goberno autonómico defende os investimentos realizados pola Consellería de Sanidade nesta comarca. Sobre a ampliación, lembra que nos orzamentos de 2008 se recollen 1,8 millóns de euros, outros cinco millóns para 2009 e un millón máis para 2010.

    {flowplayer}images/salnes/parlamento.flv{/flowplayer}

    Redacción Salnés