![]()
VILAGARCÍA > Os patróns maiores da ría de Arousa teñen outra vez no punto de mira á Consellería de Pesca. Acúsana de actuar …
… de costas ó sector e de falta de vixilancia. O detonante deste novo conflicto volve a ser Cabío. Pesca concedeu de novo á Pobra a explotación deste banco de libre marisqueo.
Once confrarías da ría de Arousa están en pé de guerra, de novo, contra a Consellería de Pesca, a quen acusan de actuar de costas ó sector. Pesca decidiu este ano volver a darlle a concesión do banco de libre marisqueo de Cabío á confraría da Pobra e os patróns maiores alertan de que esta decisión pode xerar problemas onde non os había. Así o manifestaron na rolda de prensa que ofreceron este sábado en Vilagarcía.
Estes patróns maiores coincidiron en que A Pobra está no seu dereito de reclamar Cabío, pero igualmente presentaron alegacións contra o plan de explotación concedido á Pobra. O malestar diríxeno, por agora, á Consellería de Pesca. A falta de vixilancia é outro cabalo de batalla. Os patróns arousáns piden unha mesa de diálogo coa administración.
{flowplayer}images/salnes/patrons.flv{/flowplayer}
Redacción Salnés










