Actuación de urxencia en San Sadurniño para ‘salvar’ o illote

CAMBADOS> Comezaron as obras de consolidación do Illote de San Sadurniño, en Cambados. O proxecto busca frea-la erosión do espazo, que ano tras ano vai minguando polos temporais e a forza do mar. Na zona, vaise instalar un gavión para protexe-lo terreo das mareas. Antes, un equipo de arqueólogas está a traballar na procura de restos.

Co inverno petando á porta, o illote de San Sadurniño prepárase para os temporais. Hoxe comezaron as obras de consolidación, que buscan frea-la erosión que sofre este singular espazo. Nesta zona vaise instalar gavión para protexe-lo terreo da forza do mar. Antes, un equipo de arqueólogas busca restos nas zonas máis superficiais.

Esta mañá xa deron con varios vestixios de cerámica de época medieval.  Os traballos que aquí se van executar, non poñen en perigo os restos que quedarán agochados, porque se trata dun proxecto reversible.

Para a alcaldesa de Cambados, os traballos son fundamentais para conservar unha das grandes xoias do municipio.

Máis alá desta actuación de urxencia antes do inverno, o concello traballa noutro proxecto arqueolóxico que permita descubrir moito do que se agocha debaixo desta terra. A intención é que esa fase arranque na primavera do 2021.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí