Un octoxenario de Cambados é agredido polo seu ex-inquilino

    suceso_corvillon100_070108.jpgCAMBADOS > Onte pola mañá un cambadés de máis de oitenta anos estivo a piques de perder a vida, ó ser atacado por un anterior inquilino seu…

    …cunha machada neste punto de Corbillón, en Cambados.

    Eran as nove e media cando este home, Bernardo Pintos, volvía da misa en compañía dunha amiga, cando foi atacado polas costas por un veciño de Baión, Solobeira, Sixto que saíra de repente armado cunha machada dun vehículo en marcha. Por sorte, o antigo inquilino, errou o primeiro machadazo, o que posibilitou ó xenro de Bernardo axudarlle de contado para salvarlle a vida.

    A familia Pintos asegura que hai varias testemuñas desta agresión que certifican a súa versión e ademais, defenden, en contra do que se ven de publicar, que a muller do antigo inquilino non se viu implicada na lea, senón que xa traía, cando viña con él no coche, a cara chea de magoados.

    A orixe deste novo conflicto entre as partes iniciouse á amencida cando un veciño deste inmoble, o número 17 deste lugar de Corbillón, en Cambados, avisaba á Familia Pintos de que o anterior inquilino lles regresará un par de veces ó primeiro andar da súa propiedade, de onde fora desaloxado a finais do ano pasado pola xustiza, tras varios anos de impagos.

    Este foi o estado no que deixou o inmoble, onde aínda están os seus efectos persoais. Logo deste aviso, á filla do propietario,mandou o seu home a que fose a dar conta do seu pai, por se o inquilino intentaba agredilo, cousa que xa fixera varias veces con anterioridade. Foi entón cando se produciu a agresión que lles vimos de relatar.

    Esta tarde, á familia Pintos acollía con incredulidade a nova da posta en liberdade do agresor. Agora declaran sentir medio a que o ataque volva a repetirse; polo que xa están tomando medidas como a de atrancar a porta ou intentar nos desprazarse sós; mesmo están pensando en refuxiarse nos xulgados de Cambados para que os protexan.

    {flowplayer}images/salnes/suceso_corvillon.flv{/flowplayer}

    Redacción Salnés.