![]()
VILAGARCÍA > Desde fai menos dun mes, o centro urbán de Vilagarcía conta co primeiro spa urbano.
Dende entón e ata agora, foron xa moitos os veciños que se decidiron a probar os beneficios dos tratamentos de estética e dos problemas da saúde neste local, Arrullos del agua, situado no número 57 da Avenida Rodrigo de Mendoza, case en fronte ó recinto feiral de Fexdega. Neste local de 650 metros cadrados, podemos desfrutar dos típicos tratamentos de balneario ata as máis modernas técnicas de benestar e relaxación, de man de reputados expertos na materia e cuns aparellos dotados da tecnoloxía máis avanzada.
Este centro integrado ofrecerá ademais, dentro de pouco, outros novos servizos como os de perruquería, ou clases de masaxes ou pilates. Todo isto a uns prezos aptos para tódolos petos.
Ademais esta novidosa oferta pode supoñer unha opción orixinal para aqueles que non saben o que van a regalar ós seus familiares, amigos ou achegados, en datas tan destacadas como o pasado Nadal ou o día dos namorados que está ó caer.
Redacción Salnés.






