O candidato socialista á alcaldía de Vilagarcía sorprendido polas críticas do PP

    VILAGARCÍA > Os socialistas aseguran que é froito do nervosismo que vive o PP local e especialmente o seu presidente, sobre o que cada día hai máis dúbidas ó respecto da súa candidatura ás municipais.

    Cada vez son máis as voces que aseguran que Tomás Fole non será o candidato do PP á alcaldía de Vilagarcía. Sen dúbida unha decisión que estaría motivada no problemas internos do partido, que se fixeron evidentes para toda a cidadanía trala renuncia de tres concelleiros e que continuaron despois con múltiples críticas internas de diversos membros da agrupación. Unhas críticas que fan referencia ó carácter do propio Fole pero tamén a certas actitudes indefendibles en calquera persoa pero inasumibles para un político e que a oposición, especialmente o Psoe, ven usando con certa asiduidade, o que, segundo o propio Fole o está a prexudicar moito. Aínda así o presidente local asegura que está a disposición do partido.

    Estas dificultades, impostas sobre todo polo propio partido, fan difícil que Fole teña algunha oportunidade nas municipais, o que legou ó PP a buscas novos candidatos. Sábese que de novo tantearon ó presidente da Cámara de Comercios, Carlos Oubiña, e tamén está na mente de moitos  a figura de Juan Carlos Maneiro, o ex director do Centro de Control do Medio Mariño e actual secretario xeral da agrupación.

    A marcha deste fora de Galicia por motivos de traballo parece que enfriou a posibilidade pero fontes do partido confirmaron que segue participando activamente na vida política e que a marcha é temporal. Sen embargo a día de hoxe o PP non parece ter nada decidido e o tempo vaise botando enriba, o que tamén xoga a favor de Fole, que, para moitos é un candidato coñecido e cun traballo importante ás súas costas. En todo caso nos vindeiros días coñeceremos a decisión definitiva do PP e ó seu candidato en Vilagarcía.

    Redacción Salnés