Gago asegura que serán os mellores os que gañen a oposición

    gago_100_160107.jpgVILAGARCÍA > O alcalde de Vilagarcía quixo saír hoxe ó paso das acusacións realizadas onte polo edil de Esquerda Unida, Juan Fajardo,

    …que aseguraba que as últimas prazas sacadas a concurso polo concello están feitas a medida de quen as ocupa. Gago negouno asegurando que tódalas prazas se axustan á legalidade vixente.

    As prazas que saen a concurso para funcionarios do concello de Vilagarcía foron creadas no mandato anterior logo de pactar cos sindicatos a denominada ‘plantilla ideal’ para o concello. É o que asegurou o alcalde, Javier Gago esta tarde, como resposta ó edil de Esquerda Unida Juan Fajardo. Todas saen a concurso de oposición a axcepción da de consolidación de emprego temporal.

    Unha modalidade legal pero pola que o concello non optou en ningunha das prazas sacadas a concurso excepto unha, a de arquitecto. Sobre a opinión de Fajardo de que se aventuraba a adiviñar quen serán os que arroben as oposicións Gago dixo telo claro: ‘aprobaranas os mellores’.

    Redacción Salnés