Unha mariscadora captura na seca un congro xigante

    congrot_100.jpgVILANOVA > Esta mañá, unha mariscadora de a pé de Vilanova capturou un congro de 2,300 metros de lonxitude e 29 kilos …

    …e pico de peso, cando estaba traballando na praia do Esteiro. Esta protagonista, Rosa Santos, conta que cando estaban a mariscar unha compañeira avisou de que na beiramar, case en seco, había un congro bulindo. Sen pensalo, Rosa espetoulle co angazo na cabeza e púxoo en seco.

    Logo seguiron co seu traballo e unha vez que rematada a xornada e collida a cota de marisco permitida, Rosa volveu a polo animal para levalo para a súa casa. Pero o peixe, nada máis metelo na auga comezou a rebulir de novo, polo que lles fixo falla a axuda do vixiante para transportalo.

    Unha vez en terra, cortáronlle a cabeza para asegurarse de que o deixaba morto; ou morta, como neste caso, posto que se trata dunha femia, razón pola cal non hai moitos interesados en quedarse con esta peza. Con pretendentes para comelo congro ou non, o certo é que durante este día, Rosa e o peixe foron o centro da curiosidade hoxe en Vilanova, tanto por parte dos veciños, como dos medios de comunicación.

    Redacción Salnés.