Os veciños de Caldas protestan polos residuos da variante PO-640

    segade100_080108.jpgCALDAS > As obras da variante da PO-640 ó seu paso por Caldas de Reis están provocando as queixas dos veciños polos danos que están a ocasionar

    Os conductores e casas que se atopan á altura do lugar de Segade están padecendo os estragos que están a producir os sedimentos que se desprenden das obras, mesmo traspasan a estrada chegando a afectar ás fincas que lindan coas vivendas.

    Unha situación que se agravou máis nos últimos días onde se produciron choivas importantes. Ó chover, as cunetas e tragantes desbordáronse ata sobre pasar as estradas.As saídas de evacuación tapónanse e chegan ata as fincas de vivendas próximas como son as de Segade

    Os veciños séntense afectados por esta situación e como é lóxico demandan unha solución Unha veciña afectada contábanos así como tivo que improvisar cuns tablóns unha solución provisional para non verse desbordada.

    Aínda así non se puido evitar que por mor do barro excesivo que se forma a consecuencia das choivas, un coche se saíra da calzada . Outra das consecuencias que orixina os sedimentos que van deixando as obras das variantes é a súa afección as fincas dos veciños.

    O alcalde reunirase con demarcación territorial para chegar a unha solución o antes posible.

    {flowplayer}images/salnes/segade.flv{/flowplayer}

    Redacción Salnés