O TSXG confirma a sentencia de Maiz, asasino de Mari Luz Posse

    fotomaizcopia.jpgCAMBADOS> O garda civil que asasinou a súa exparella, terá que cumprir os 19 anos de cadea á que o condenara o xurado popular e a Audiencia Provincial.

    {flowplayer}images/salnes/CondenaMaiz.flv{/flowplayer}

    O Garda Civil matou a súa ex compañeira sentimental dun tiro na cabeza coa súa arma reglamentaria no cuartel de Cambados cando esta se dispoñía a denuncialo.

    O caso de Mari Luz Posse conmocionou a toda a comarca e parece que agora, por fin chega ó seu final. O seu asasino, Jaime Maiz Sanmartín cumprirá os 17 anos e 6 meses que lle quedan da condena a 19 anos que lle impuxeran un xurado popular e a Audiencia Provincial de Pontevedra.

    O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia é claro e contundente, e ó non presentar ningunha proba a maiores, entende que a sentencia dictada pola Audiencia é irrevocable. Desestimou o recurso de apelación interposto por Jaime Maiz asegurando que segundo o informe forense nin o grao de alcohol do condenado nin o feito de sufrir unha depresión uns meses antes afectara ás súas facultades mentais.

    O recurso alegaba ademais que Maiz non tiña intención de matar a súa exparella e que acturara por arrebato. Baseando esta afirmación en que o acerto co disparo se debeu á preparación profesional que tiña o condenado como garda civil. O Tribunal Superior de Xustiza califica este argumento de sorprendente e di que o Garda Civil era perfectamente consciente do que facía e que mesmo elexiu un branco mortal para o seu disparo o que demostra que quería matar a Mari Luz.

    Ademais de confirmar a condena de 19 anos de cárcere, el TSXG reafirma as cantidades das indemnizacións fixadas pola Audiencia. 260.000 euros para os tres fillos da falecida 22.000 euros para os pais e 20.000 euros en total para os catro irmáns.

    Redacción Salnés