Fdez Lores reclama a conexión co interior da provincia

    pontev_100.jpgPONTEVEDRA > O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, ven de iniciar os trámites burocráticos para solicitar unha infraestructura terrestre

    …que una a cidade do Lerez cos concellos do interior da Provincia; como son os da comarca do Deza, Tabeirós, Forcarei e Lalín, entre outros.

    Hoxe mesmo ven de remitir unha carta á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, á Deputación de Pontevedra, e a Demarcación de Estradas do Estado en Galicia, na que lles preguntaba se estaban a traballar ou tiñan pensado abordar esta necesidade en breve.

    Con esta primeira medida, o concello pontevedrés pretende mobilizar ó eido político; pero tamén baralla actuar noutros frontes como o empresarial ou o da veciñanza nos dous extremos da posible futura infraestructura: tanto nos anteditos concellos do interior da provincia como no centro da mesma.

    Lores entende que esta infraestructura sería moi beneficiosa para os habitantes de ámbolos dous puntos e para os distintos organismos e empresas asentados neles. Noutro punto, o alcalde tamén adiantou que se non hai vontade por parte destas administracións, será o concello quen emprenda en solitario uns estudios informativos sobre a viabilidade desta infraestructura; co que actuaría a posteriori pola súa conta. Fernández Lores salientou tamén que este é o momento axeitado para abordar esta cuestión, unha vez que o resto das infraestructuras de comunicación exterior do concello están encauzadas; con actuacións como a A-57, a circunvalación e a prolongación da autovía e Curro, a variante de Marín, entre outras.

    Este mesma tarde, o rexedor pontevedrés abordou este tema no transcurso dunha reunión que mantivo con representantes da cámara de comercio; onde quixo coñecer a opinión do empresariado pontevedrés sobre esta necesidade.

    Redacción Salnés.