AMBAR gaña o terceiro premio do Certame Nacional de Seguridade Viaira

    RIBEIRA> A Asociación AMBAR gañou o terceiro premio do Certame Nacional de Seguridade Vial convocado pola Dirección Xeral de Tráfico. A obra de teatro sobre os sinais de tráfico, composta e representada polo grupo Artellar, fíxolles merecedores desta distinción. Tras varios anos concorrendo ó certame, o grupo de teatro Artellar, da asociación Ambar, conseguiu facerse co terceiro premio do concurso de seguridade viaria convocado pola DXT. Usuarios da entidade e monitores puxeron sobre as táboas unha obra sobre os sinais de tráfico, no que a través de música e sentido do humor, conseguiron achegar ó público as necesidades das persoas con diversidade funcional en materia de seguridade viaria. As coordinadoras da delegación de Tráfico na Coruña desprazáronse ata o centro ocupacional, en Ribeira, para facer entrega deste galardón ós artistas que o recolleron con enorme ilusión, Tralo éxito acadado no certame, agardan seguir presentando a súa obra por toda a comarca co fin de facer visible a necesidade de eliminar as barreiras arquitectónicas e favorecer a autonomías das persoas con diversidade funcional.