O alcalde de Noia defende o estrito cumprimento da legalidade na aprobación do orzamento

NOIA> A resposta do concello trala presentación deste contencioso non tardou en chegar. O alcalde, Santiago Freire, defende a legalidade do orzamento e acusa á oposición de querer entorpecer o normal funcionamento da administración municipal.

O alcalde noiés considera que o contencioso aberto polas dúas formacións da oposición non ten apenas percorrido posto que, insiste, o orzamento cumpre estritamente coa legalidade. Con respecto á ausencia dunha partida consignada para os gastos da RPT, o rexedor lembra que existe unha sentenza xudicial que declara inaplicable a relación de postos de traballo.

En relación ás cotas da Mancomunidade, principal argumento no que se sustenta o recurso, Freire indica que se vén de facer efectivo a liquidación das cotas do presente exercicio por valor de preto de 300 mil euros.

Neste sentido, entenden que o goberno actuou con total responsabilidade ó plantexar a cuestión de confianza que permitiu aprobar o orzamento co fin  de poder facer efectivo o pago a provedores, principalmente pequenas empresas locais que prestaron servizos ó concello.