Arousa Norte recupera a Regata Volta a Ons

POBRA> A cita deportiva celebrarase o próximo sábado 18 de agosto e nela tomarán parte ó redor dunhas trinta embarcacións. O calendario de regatas en Arousa Norte suma unha nova proba. Será a I Regata Volta a Ons-Trofeo Arousa Norte. A cita terá lugar o sábado 18 de agosto e estará organizada pola Mancomunidade e o Club Náutico Boiro-Mariña Cabo de Cruz. Ademais da práctica deportiva a regata nace tamén coa idea de promocionar turísticamente esta comarca. A regata, cunha travesía dunhas 40 millas náuticas, estará dividida en tres categorías: regata, cruceiro-regata e cruceiro. A proba nace coa idea de consolidarse no tempo, tendo ademais a súa organización un carácter rotatorio polos catro concellos que forman parte de Arousa Norte.