![]()
VILANOVA > O prazo para a poxa do Pazo de Baión está a punto de expirar. O vindeiro día 29…
… deste mes darase a coñecer en Madrid o gañador respecto a esta propiedade e a finca de 22 hectáreas que o rodean, que noutros tempos fora o centro de operacións e vivenda do narcotraficante Laureano Oubiña.
A situación do Pazo de Baión e as posibilidade de expansión que supón ter esta producción de Albariño é un prato apetecible para calquera bodega que desexe expandir a súa producción, pero as condicións de adxudicación só son aptas para uns poucos.
En total son seis os pretendentes que optan a facerse con estas terras: entre eles dúas bodegas galegas: Martín Códax e Condes de Albarei. Pero o Pazo de Baión tamén lle xurdiron mozos a nivel nacional da talla de Freixenet, que leva trece anos explotando os seus viñedos e comercializando neste lugar a marca de Albariño Vionta; ou outras reputadas bodegas como Marqués de Riscal ou García Carrión.
Logo das dúas fases iniciais, agora é a quenda das propostas económicas que poderían chegar ata o 150 % da taxación, o que ascende ós 13 millóns de euros. Estes días atrás foron moitos os empresarios e técnicos de bodegas de renome que se achegaron a este lugar para realizar as súas propias taxacións, entre eles os directivos de Martín Códax, ós que lles agradaría quedarse co reputado Pazo, pero non a calquera prezo.
Tanto Martín Códax como as outras empresas, están barallando outras posibilidades a maiores da viticultura, para facer rendible esta importante inversión. Como dato a sobrancear nesta adxudicación, cabe dicir que unha parte puntuable que se reflectía nas bases recollía que parte do capital do beneficio do pazo terá que ser reinvestido na zona que tanto anos foi castigada polo narcotráfico.
Redacción Salnés.








