A Autoridade Portuaria inicia a suspensión da concesión de Tercovi

    javier_puertas_100.jpgVILAGARCIA> O Presidente da Autoridade Portuaria de Vilagarcía, Javier Puertas, anunciou esta tarde unha importante medida para o futuro do…

    {flowplayer}images/salnes/091009_tercovi.flv{/flowplayer}

    … funcionamento desta rada: o inicio do expediente de caducidade da concesión da xestión da terminal de Contedores á empresa Tercovi, e o inicio do expediente de Revocación da Autorización outorgada a Contenemar Galicia, S.A. para a realización dos servizos de consignatario.

    Esta decisión foi adoptada este mesmo serán nunha reunión urxente do Consello de Administración, logo de que a Autoridade outorgase varios prazos para que a empresa concesionaria xustificase o cumprimento do prego de concesións pola que lle foi outorgada a concesión deste servicio. Deste xeito, a Autoridade Portuaria viuse obrigada a tomar esta determinación para poñer freo á competencia desleal nun porto que está cualificado como de Interese Xeral para o Estado; e a salvagardar os intereses e seguridade dos traballadores e do medioambiente.

    Con esta medida, o Porto Vilagarcián intenta loitar pola súa productividade no futuro e pola de todas aquelas empresas que dun xeito ou outro dependen dos servicios da rada. Non hai prazos concretos para a resolución deste expediente, dependerá en certa medida, das alegacións que presente a empresa concesionaria e dos trámites legais pertinentes.

    Redacción Salnés