A poxa por Vista Real destapa manobras electoralistas

    gonzalo_psoe copia.jpgVILANOVA> A xestora do PSOE carga contra executivo local por non ir á primeira subhasta mentres que o grupo municipal acorda no pleno poxar na segunda tanda.

    {flowplayer}images/salnes/POLEMICA_VISTA_REAL.flv{/flowplayer}

    Cando hai uns meses se anunciou a saída a subhasta de varias propiedades comisadas pola Audiencia Nacional á familia Charlín, o grupo de goberno vilanovés expresou o seu interese por que un destes bens, o Pazo de Vista Real, quedara en mas do concello. A idea é transformalo nun centro de día. O problema é que o prezo de saída, preto de dous millóns de euros, é, segundo o executivo local, demasiado elevado para poder enfrontalo. Por iso, no pleno deste luns, os grupos da corporación acordaron agardar a unha segunda poxa confiando en que o prezo baixe. Non ía na orde do día, pero debateuse a petición do grupo socialista. E aquí nace a polémica. Porque esta mañá, desde a xestora do PSOE facían público un comunicado no que atribúen esta ausencia na orde do día a unha falta de interese por parte do goberno vilanovés, un documento que chamou a atención ó alcalde, posto que a decisión de agardar á segunda poxa tomouse co acordo dos socialistas locais. Gonzalo Durán ve nesta manobra unha inxerencia do PSOE comarcal na política de Vilanova.

    O encargado de asinalo, Jorge María López, presidente da xestora do PSOE, trata de xustificalo insistindo en que o único que intentan é por de manifesto que, se o concello non pode acudir á primeira poxa da subhasta é por unha mala xestión económica. Argumento que a xestora socialista se encargará de difundir mediante un folleto de marcado tinte electoralista e que se está repartindo entre os veciños de Vilanova. Nel enumera todas aquelas actuacións e partidas nas que supostamente o goberno local tería despilfarrado milleiros de euros.

    Redacción Salnés