Rouban un coche en Meis e volven ó día seguinte

    roubo_meis_100.jpgMEIS > Fai dúas noites, aproveitando o temporal, os amigos do alleo entraron nesta finca de Caticovas, …

    … en Meis, propiedade María José Piñeiro e leváronse un coche tipo berlina da marca Mercedes Benz.

    Os ladróns non deixaron ningún rastro nin fixeron ruído algún; O roubo foilles doado, posto que o portal da finca podía abrirse manualmente, posto que se estragara cunha das últimas tronadas, e o vehículo subtraído estaba dentro do recinto pero non do garaxe e ademais estaba aberto.Malia todo, o seguro vaise a facer cargo do seu importe.

    Xunto con este vehículo, levaron todo o que estaba no seu interior incluído múltiples efectos e recordos persoais. Pero o paradóxico neste caso, é que os ladróns volveron ó lugar dos feitos esta noite, entre as 5 e as 6 da mañá aproximadamente, non se sabe a qué, aínda que desta volta non se levaron nada. Esta circunstancia, a de que volveran, é o que desespera a esta veciña de Meis, que é ben coñecida na zona por ser a filla da patroa maior de Vilanova de Arousa, Evangelina Lago.

    Esta mesma tarde, María José incrementou as medidas de seguridade da súa vivenda, posto que confesa estar chea de medo, non só polas propiedades, senón tamén pola integridade física da súa familia; o seu marido e ca súa filla de curta idade. Segundo din os veciños, este é o terceiro roubo de vehículos de alta gama nos últimos seis meses só en Meis.

    Redacción Salnés.