Novos ensaios con leitugas en Vilanova de Arousa

    leituga100_191007_001.jpgVILANOVA > Despois de anos de investigación e ensaios, unha multinacional hortícola conseguiu cultivar algúns tipos de leituga que non son autóctonas da nosa comunidade.

    Diversos horticultores da zona achegáronse ata a parroquia de Tremoedo para tomar nota e tentar comercializar estes tipos de leituga de xeito habitual.

    Parece que estamos nunha horta calquera, da que pode vostede ter na casa, pero no estamos en Tremoedo no concello de Vilanova de Arousa nunha finca especial ¿Por que? porque aquí probáronse a plantar diferentes tipos de leitugas, cuxa semente é producto de anos de investigación nun laboratorio.

    Agora algunhas destas apetitosas leitugas atópanse en fase de desenvolvemento e dentro de pouco estarán preparadas para o seu cultivo normal e posterior comercialización, como por exemplo as tres variedades de folla de roble, que se denominan aínda como prototipos anque algunha xa sexa moi coñecida, ou as diferentes clases de escarola, das que só se lle poden aproveitar as follas, Unha variedade que aínda son proxectos en si mesmos. Por último as que son ven coñecidas como a tradicional leituga riza ou lisa, denominadas Batavia e Trocadero, aínda que dentro delas hai tamén moitas variedades

    Manuel Alba xerente da empresa hortícola hortumia, colleu xa boa nota dos exemplares máis iteresantes que se poderían comercializar.

    Mentres xa están pensando na campaña do vindeiro ano. O futuro pasa pola innovacióN, por iso a investigación no campo da horticultura está avanzando tanto, que o camiño está dirixido a que no futuro as leitugas e tomates conteñan valores engadidos como as vitaminas.

    Redacción Salnés