O ascenso deixa de ser un soño e convírtese nunha utopía

balonman250vid_220108_001.jpgO GROVE O Rasoeiro non puido superalas baixas coas que acudía ó encontro e caeu ante o Atletico Novás. Con esta derrota os de Lao Santos afástanse definitivamente dos postos que darían opción a xoga-lo playoff polo ascenso.

Por segunda semana consecutiva o Rasoeiro caeu derrotado, desta volta na cancha do Rosal ante o Atlético Novás, que se impuxo ós grovenses por 26-22.

O Rasoeiro presentouse con moitas baixas ó encontro, unhas por lesión outras por enfermidade, o que dificultoulle-las rotacións ataque-defensa. Ata o propio Lao Santos estaba aqueixado dunha gripe.

O partido comezou moi igualado aínda que co Novás tomando as primeiras vantaxes. A pouco para o descanso, con empate no marcador, tres pérdidas de balón consecutivas dos mecos, propiciaron que os locais se fosen tres arriba ós vestiarios (14-11).

Trala reanudación, a falta de efectivos e recambios nas filas do Rasoeiro imposibilitou a remontada, dun partido, que nunca deron por perdido.

Ó final 26-22, salvan o terceiro posto da clasificación aínda que se alonxan definitivamente da segunda praza polo que loitaban hai apenas dez días co Magope. Agora son xa tres victorias de diferencia entre os mecos e os vigueses, distancia que semella insalvable a día de hoxe.

{flowplayer}images/salnes/balonman_220108.flv{/flowplayer}

Redacción Salnés