A Deputación de Pontevedra recibe ás campionas do Arousana

PONTEVEDRA > As xogadoras do Extrugasa Atlético Arousana foron hoxe recibidas polo presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán. O ente provincial quixo así recoñecer o éxito das futbolistas, que disputarán dende mediados de maio a fase de ascenso a 1ª Nacional, despois de proclamarse campionas do grupo 2 da Liga Nacional.

arousananadeputacion_300_190406.jpgO presidente da Deputación de Pontevedra felicitou ás xogadoras polo seu éxito e agradeceu o esforzo por conseguir unha praza nos play off de ascenso, que disputarán 6 conxuntos divididos en 2 grupos e dos que sairán 2 equipos para o ascenso, o primeiro de cada grupo. Será unha clasificatoria complicada, pero de conseguilo será o primeiro conxunto na historia do fútbol feminino da comunidade que chegue á categoría máxima.

andresquinta_300_190406.jpgNo acto tamén estivo presente Andrés Quintá, presidente do Grupo Quintá e patrocinador do conxunto, quen agradeceu a labor das xogadoras, expandindo por todo o país o nome dunha empresa pontevedresa e da súa localidade de orixe. O venres o equipo directivo partirá cara Madrid, onde terá lugar o sorteo para os enfrontamentos que comezarán o 14 de maio. As arousáns mediranse coa Real Sociedade, O Atlético de Madrid, o Huelva, o Rayco de Canarias e o conxunto catalán. No caso de conseguir unha das dúas prazas en loita trala fase de ascenso, o Extrugasa Atlético Arousana necesitará apoios económicos extra: na actualidade o orzamento para a tempada foi de 30.000 euros; en Primeira Nacional, hai conxuntos que barallan os 360.000.

louzanconcamisetaarousana_300_190406.jpg

O Presidente provincial, Rafael Louzán, recibiu como agasallo por este recibimento unha camiseta do Estrugasa Arousana. Louzán interesouse por coñecer o grao de satisfacción das xogadoras respecto do campo de fútbol de Fontecarmoa, onde se levaron a cabo determinadas melloras e no que xogan as arousáns. Asimesmo, informou de determinadas infraestructuras que se están a poñer en marcha na provincia de Pontevedra e do inicio de varias competicións pioneiras, caso da 1ª Copa Deputación Fútbol Feminino, que será presentada na vindeira semana.

Redacción Salnés