![]()
MEIS> A xoven piloto de Meis, Silvia Rivas, debuta no Campionato do Mundo de Féminas esta fin de semana. Será na localidade portuguesa de Agueda, onde compartirá circuito coas maiores especialistas desta disciplina.
{flowplayer}images/salnes/supercross_070509.flv{/flowplayer}
Silvia Rivas parte mañá xunto co seu pai Marcial rumbo Agueda, unha localidade portuguesa cercana a Coimbra onde esta fin de semana dispútase a segunda proba puntuable do Campionato do Mundo de Motocross. Será sen embargo o debut nunha competición de tal nivel para a piloto de Meis. Todo grazas a unha progresión meteórica que comezou hai escasos catro anos.
Despois da súa estrea no Campionato Galego o sábado pasado e no que competíu de igual a igual cos homes, nesta ocasión tampouco o terá sinxelo ante unhas rivais que apenas coñece. O seu obxectivo é pasar a rolda de clasificación do sábado para estar entre as 40 mellores que disputen a carreira do domingo.
A falta de patrocinios e apoios económicos, fíxolles imposible acudir á primeira cita do mundial celebrada na localidade búlgara de Sevlievo. Sí que pretenden estar nas dos seguintes de Bellpuig (Cataluña) e Ernée (Francia).
Hoxe é día de face-la equipaxe, para mañá viaxar cara Agueda e pasar as verificacións técnicas e administrativas. O sábado e o domingo, a competición.
Redacción Salnés








