A delegación española lista para debutar mañá en Dartmouth

piraguismo250_120809.jpgSALNÉS> Mañá dan comezo en Dartmouth (Canadá) os Campionatos Mundo de piragüismo en pista. Ata alí desprazouse unha delegación con 35 padexeiros españoles entren os que destacan os galegos. David Cal e Carlos Pérez Rial ‘Perucho‘ parten con opcións de medalla nas súas respectivas categorías.

O equipo español de piragüismo que nos vai representar nos Campionatos do Mundo de pista, xa se atopa dende onte en Dartmouth, Canadá, preparados para a competición oficial que dará inicio mañá xoves e que finalizará o domingo.

Un total de 35 padexeiros do noso país competirán nas probas de 1.000, 500 e 200 metros, tanto en homes como mulleres, nos K-1, K-2 e K-4 e C-1, C-2 e C-4. Un total, de 26 embarcacións.

Entres eles atópanse moitos galegos, grandes estrelas deste deporte, como o campión olímpico Carlos Pérez Rial, que competirá xunto ó seu inseparable Saúl Craviotto. Tamén estará o catro veces medallista olímpico, David Cal, no C-1 500 e 1.000 metros.

E os padexeiros do Salnés Tono Campos, David Maquieira ou André Oliveira que tentarán estar o máis adiante posible para converterse en fixos da selección nacional.

Redacción Salnés