O C.B. San José agarda ó Extrugasa na Copa

extrugasa250vid_220108_002.jpgSALNÉS > O Extrugasa xa coñece o seu rival para a Copa da Raíña despois de que hoxe se celebrase o sorteo para decicir os emparellamentos.  A competición desputarase o vindeiro mes de febreiro, dos días 15 ó 17 en Sevilla. Alí daranse cita os oito mellores equipos do que vai de temporada.

Non é mal rival. Salváronse os cocos que eran o Ros Casares e o Perfumerías Avenida.

O adversario das vilagarciáns, o San José, camiña a día de hoxe en terceira posición na Liga. No último enfrontamento directo venceron as leonesas por dous puntos, 67-65, aínda que en pretemporada as de Isaac Fernández xa foron quen de superalas.

{flowplayer}images/salnes/extrugasa_220108.flv{/flowplayer}

É un equipo que garda certas similitudes co Extrugasa: teñen grandes xogadoras pero o seu forte é o conxunto. Máis paralelismos: ambos desputan a Eurocup; o San José xa está eliminado despois de caer precisamente ante un rival que mediuse na primeira fase ó Extrugasa, o Familia Schio. Anecdótico é tamén o dato que reflicte que os dous equipos perderon este ano por máis de 30 co Perfumerías Avenida, presumible rival en semifinais.

Será por tanto unha loita igualada onde os pequenos detalles poderán decidir quen pasa á seguinte rolda. O rebote e acerto no tiro semella que serán clave.

As restantes eliminatorias de cuartos depararon os seguintes emparellamentos: Ros Casares – Rivas Futura e Promociones Santa Eulalia – Celta Vigourban. Pola outra beira do cadro, ademais do consabido San José – Extrugasa, teremos o Perfumerías Avenida – Olesa Barcelona.

 

Redacción Salnés