O Extrugasa cae en Burgos e perde o liderato da LF2

baloncesto250_150210.jpgSALNÉS> Non foi unha boa xornada no baloncesto. Na EBA, no primeiro partido da segunda fase caeu o Xuven de Cambados ante o Pas Piélagos. Tamén perdeu o Extrugasa en Burgos nun partido que se decidíu na derradeira xogada do partido.

Sobre a mesma bociña final tivo que decidirse o encontro entre Arranz Jopisa Burgos e Extrugasa. Unha canastra de Francielle Aparecida déullela victoria ás locais (61-60) nun encontro igualado de principio a fin e que puido caer do lado das vilagarciáns.

Pese a que o inicio do Extrugasa foi bo, coma sempre, e fóronse moi pronto dez arriba (2-12), as burgalesas souberon levar o partido ó seu terreo para rematar o primeiro cuarto por enriba (17-16).

A partir de ahí, as vantaxes foron mínimas agás no terceiro cuarto cando o Arranz Jopisa logrou estirarse un pouquiño para obter rentas máis amplas. A reacción final do Extrugasa da man de Christina Quaye permitíulles ás de Tito Díaz entrar no derradeiro medio minuto de xogo un arriba (59-60) e con posesión. Saray Ruiz error o lanzamento e na última xogada apareceu Aparecida para capturar un rebote ofensivo e anotar dous puntos que deixaron a victoria no Plantío. Á mala nova da derrota que lles fai perder o liderato a favor do Unicaja Canarias, únese a lesión de Cristina Sousa no aductor. Con todo, foron quen de salvar o basketaverage. A semana que ven terán un partido asequible fronte ó ADBA en Fontecarmoa.

Mesma sorte correu o Establecimientos Otero que comezou do peor xeito posible a asegunda fase da competición. Deixouse sorprender polo Pas Piélagos (92-103) nun partido onde as defensas brillaron pola súa ausencia.

A primeira parte foi boa e chagaron a estar once arriba mediado o segundo cuarto (40-29). O paso polos vestiarios non lles sentou nada ben ós de Diego Doval que encaixaron un parcial de 11-31 que foi definitivo.

O xogo interior dos cambadeses volveu a ser o seu gran talón de Aquiles permitindo que o pívot do conxunto cántabro Charles Poe fórase ata os 46 de valoración, con 36 puntos e 14 rebotes. Pese á derrota, o Xuven lidera aínda o grupo de permanencia.

Redacción Salnés