Rafael Louzán presentou á nova directora da Oficina de Urbanismo da Deputación

    encarnacionrivas100_220108.jpgPONTEVEDRA > Rafael Louzán, Presidente da Deputación Provincial, presentou esta mañá a nova directora da Oficina de Urbanismo

    …da Institución provincial. O cargo será representado por Encarnación Rivas, que ten, segundo presidente Louzán, unha longa experiencia en materia de urbanismo, acadada no Concello de Sanxenxo.

    Para Rafael Louzán, o acto de presentación da directora da Oficina de Urbanismo da Deputación, é o logro do seu compromiso persoal, cando tomara posesión do seu cargo como presidente. Por fin, cumpriu o seu desexo de poñer en marcha un servizo de atención prioritaria, en materia de urbanismo.

    A confianza de Louzán en Encarnación Rivas como directora da Oficina de Urbanismo, é total, e responde así, ás peticións de varios alcaldes, sobre todo de concellos de menos de vintecinco mil habitantes, que solicitaban este servizo.

    Encarnación Rivas asumiu esta responsabilidade anteriormente nos concellos de Sanxenxo e Pontevedra, polo que, segundo Louzán, ten unha longa experiencia.

    Pretenden que o urbanismo na provincia sexa transparente e para iso, darán dende a Oficina, a información necesaria, ofrecerán alternativas aos problemas que cheguen dende os concellos e farán un foro onde se poderá debater cos técnicos mais capacitados, tódalas dúbidas na materia.

    A Oficina actuará tamén en asuntos relacionados co Patrimonio, pois segundo a Directora, todos somos responsables do Patrimonio que deixemos ás xeracións futuras. Asegura tamén, que o mais importante é saber tódolos mecanismos que ofrece a lei para saber utilizalos.

    Como directora ofrece a súa experiencia, súa capacidade de traballo e o seu rigor. Os cidadáns, tamén poderán consultar dúbidas e asesorarse nesta Oficina de Urbanismo.

    Redacción Salnés