Uns douscentos nadadores tomarán parte este domingo na Travesía Illa da Bensa

BOIRO> A proba está organizada polo Club Natación Boiro e o Concello.

Baixo a organización do Club Natación Boiro e o Concello, este vindeiro domingo vai celebrarse en Carragueiros a cuarta edición da Travesía a Nado Illa de Bensa. A proba reunirá a máis de 200 nadadores, dende as categorías alevín a máster. os primeiros comezarán a nadar a partir das dez e media da mañá.

Unha das principais novidades desta edición será a participación tamén na proba de persoas con diversidade funcional.

Dende o Concello destacaron a importancia desta travesía.

Na presentación da Travesía tamén tomaron parte representantes da empresa Jealsa-Rianxeira, principal patrocinador do Club Natación Boiro, e tamén da Clínica Dental Rebeca Ozores, que colabora na organización desta proba.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí