Céltiga – Arousa. Todo listo para o primeiro derbi da temporada.

futbol250_120908.jpgSALNÉS > Céltiga e Arousa mídense o domingo no Salvador Otero, no primeiro gran derbi da temporada. Quixemos falar cos dous adestradores para ver como afrontan seus equipos este vibrante partido.

{flowplayer}images/salnes/futbol_120908.flv{/flowplayer} 

Chega a terceira xornada e trae consigo debaixo do brazo un emocionante derbi arousán, Céltiga- Arousa. Un partido diferente ós demais, no que case non importa como chegue de forma un e outro, porque calquera cousa pode pasar.

O ano pasado, un Arousa afundido iniciou a súa recuperación na Illa vencendo por 0-1, tras xogar boa parte do partido cun menos, un exemplo do imprevisible que pode ser.

Pese a todo, este é a terceira xornada de Liga e ningún resultado sentenciaría a ningún conxunto. O que sí, tanto Josiño Abalde como Juan Laxes queren o domingo estrea-lo casilleiro de victorias dos seus respectivos equipos. Os dous adestradores recoñecen que os seus equipos están aínda moi lonxe do nivel que queren amosar esta campaña.

O primeiro que desexan é acadar un sólido esquema defensivo. O que amose maior serenidade e o que impoña o seu estilo de xogo, terá moito gañado.

No capítulo de baixas, a falta dos derradeiros adestramentos, no Céltiga é dúbida Nacho e Kelvin, sancionado, non estará seguro. Recuperan en defensa a Cardeñosa.

No Arousa recuperan a Santos, Chiño continúa lesionado no nocello mentres que Luis Alberto, cun corte no xeonllo, tamén é case seguro que se caiga da convocatoria. Carlos Padín voltou onte ós adestramentos e tamén estará no Salvador Otero.

Estes serán por tanto os protagonistas do encontro, o domingo a partires das 17:45.

Non nos podemos esquencer dos outros dous conxuntos do Salnés que xogan esta fin de semana. O Portonovo recibe na casa ó Montañeros, o domingo ás 17:00, os dous conxuntos coa necesidade de sacar un resultado positivo despois dun arranque mediocre.

Onde se vai vivir un auténtico partidazo será mañá, no Estadio de San Lázaro entre Compostela e Vilalonga. Será o encontro que abra a xornada na Terceira, ás 18:00. Ambos sumaron catro puntos neste inicio ligueiro pero o máis importante é que deixaron constancia de que serán equipos a ter en conta, serán dos da parte alta da táboa. Partido interesante tamén para seguir de preto a dous xogadores que apuntan a revelación da temporada: o guineano do Compos Vladimir, que lle fixo a semana pasada un hat-trick en quince minutos ó Lalín e o xoven centrocampista do Vilalonga Pablo Pillado, que manexou ó seu antollo o ritmo de xogo no partido ante o Cerceda o domingo pasado.

Redacción Salnés