Récord de participación na carreira popular de Ribadumia

carreira250_220108_001.jpgRIBADUMIA > Preto de 250 atletas chegados dende diferentes puntos da xeografía galega, participaron na duodécima edición desta tradicional carreira. Escolares de toda a comarca acudiron á proba co obxectivo de levarse unha medalla.

Esta competición popular que naceu hai doce anos coma test físico para os rapaces do club de piragüismo, reúne cada vez a máis atletas e veciños que desafían á chuvia e ó frío invernal para pasar unha mañá de domingo diferente. Nesta ocasión o tempo acompañou, de ahí quizáis que se batira o récord de participación: 250 atletas.

A proba transcorreu nas inmediacións do pavillón de Ribadumia. Os máis pequenos percorreron cincocentos metros, os cadetes tres quilómetros e os senior, sete.

A carreira, organizada polo Club Náutico O Muíño e a Asociación Cultural O Batán, tivo como vencedor en categoría absoluta a Daniel Bargiala, mentres que en féminas a gañadora foi a lucense Yolanda Escarcega.

En categoría junior impuxéronse Adán García e Beatriz Míguez; en cadetes Álvaro Veiga e Alba Viana e en infantís, Miguel Bascoi e Noemí Jacome.

Redacción Salnés